domingo, 7 de octubre de 2012

PASANDO O RATO TODOS XUNTOS

          Os nenos e nenas de Infantil sabemos pasalo moi ben ainda que o Sol estea agochado tras as nubes e non pare de chover, aquí vos deixamos unhas fotos de nós bailando algunhas cancións do grupo CantaJuego.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

PRIMEIRO DÍA DE COLE

          Hoxe foi o primeiro día do curso escolar para os nenos/as e en Agualada o celebramos xuntos profesor@s, alumn@s e familias coa xornada de presentación  e as reunións dos titor@s cos pais e nais dos nen@s. Foi un día de encontros, de abrazos e de caras novas de profes e de nen@s non só entre o alumnado de infantil senón tamén en 1º de primaria.Tamén compartimos o visionado do vídeo que fixemos os integrantes do cole do curso pasado con motivo do 40 aniversario do noso centro, foi moi divertido volver a vernos todos outra vez e compartilo esta vez coas familias.

          BENVID@S A TODOS OS NENOS E NENAS NOV@S E TAMÉN ÁS SÚAS FAMILIAS!!!!

lunes, 3 de septiembre de 2012

FELIZ CURSO A TOD@S

         Que  mellor  maneira  de  estrenar  o  noso  blog  e  o  curso  2012-2013  que  dexexándovos  a  tod@s  un  curso  cheo de  boas  sorpresas,  novidades,  ilusións, moita  imaxinación  e  moitas  ganas  de  facer  o  noso  traballo e  crear  inquietudes  nos  nosos  alumn@s.

FELIZ  CURSO  2012-2013!!!
                  

viernes, 24 de agosto de 2012

ESTRENÁMONOS!!!


        Comeza o curso 2012/2013 e as mestras do Equipo de Educación Infantil do CEIP de Bormoio-Agualada somos conscientes de que, na actualidade, os blogs son unha das principais fontes de recursos e intercambio entre mestres/as, xa que o curso pasado déronnos moitas ideas para producir moitos dos materiais que usamos para desterrar os libros de texto das nosas clases. 
        Por isto, e porque queremos enfrentarnos a un novo reto profesional, abrimos este blog sinxeliño (pois somos novatas e pouco experimentadas en ordenadores e Internet) no que queremos compartir con vós as cousas que facemos cos pequenos/as no cole e todo aquilo que nos parece interesante. Polo tanto, este blog vai dirixido a maestros/as, pais/nais, e todos aqueles aos que lles guste o mundo da Educación Infantil.