viernes, 24 de agosto de 2012

ESTRENÁMONOS!!!


        Comeza o curso 2012/2013 e as mestras do Equipo de Educación Infantil do CEIP de Bormoio-Agualada somos conscientes de que, na actualidade, os blogs son unha das principais fontes de recursos e intercambio entre mestres/as, xa que o curso pasado déronnos moitas ideas para producir moitos dos materiais que usamos para desterrar os libros de texto das nosas clases. 
        Por isto, e porque queremos enfrentarnos a un novo reto profesional, abrimos este blog sinxeliño (pois somos novatas e pouco experimentadas en ordenadores e Internet) no que queremos compartir con vós as cousas que facemos cos pequenos/as no cole e todo aquilo que nos parece interesante. Polo tanto, este blog vai dirixido a maestros/as, pais/nais, e todos aqueles aos que lles guste o mundo da Educación Infantil.

1 comentario:

  1. Ya tengo ganas de ver todos los trabajos que vais a ponernos en el blog, os invito a pasar por el mio: Brujitadelux

    ResponderEliminar